fbpx

Termos e condicións

O usuario accede voluntariamente a este sitio web. O acceso e navegación neste sitio web implica aceptar e coñecer as advertencias legais, condicións e termos de uso contidos nela. Poderase acceder a estas advertencias legais no apartado políticas de privacidade. O mero acceso non implica o establecemento de ningún tipo de relación comercial entre Na Utopía e o usuario.

  • Nome Comercial: Na Utopía (En diante, A EMPRESA)
  • Razón Social: Na Utopía
  • CIF: 53484885H
  • Nome Responsables: Lorena García Álvarez
  • Correo electrónico: nautopia.gal@gmail.com

As Condicións dos servizos prestados a través do presente sitio web, poderán sufrir modificacións de calquera tipo, cando A EMPRESA o considere oportuno ou coa finalidade de adecuarse aos cambios lexislativos e tecnolóxicos futuros. Estas modificacións serán notificadas convenientemente sendo válidas dende a súa publicación neste sitio web, salvo manifestación en contrario.

A EMPRESA reserva o dereito a suspender ou cancelar o acceso no caso que se utilice para incumprir calquera lei aplicable ou as normas de uso habituais en internet, ou ben se se utiliza o seu dominio en relación cunha actividade ilegal, así como se se recibe notificación nese sentido emitido por unha autoridade competente ou nos demáis supostos contemplados pola lexislación vixente.

Os usuarios, na utilización do sitio web e dos servicios vinculados ao mesmo, deberán respetar as seguintes obrigas:

  1. Non introducir, almacenar ou difundir mediante o sitio web ou a través de calquera dos servizos vinculados ao mesmo ningún programa de ordenador, dato, virus, código, ou calquera outro instrumento ou dispositivo electrónico que sexa susceptible de causar danos no sitio web, en calquera dos servizos vinculados ao mesmo ou en calquera equipo, sistemas ou redes da titular do dominio, de calquera usuario, dos seus proveedores ou en xeral de calquera terceiro, ou que de outra forma sexa capaz de causarlles calquera tipo de alteración ou impedir o normal funcionamento do mesmo.
  2. Non destruír, alterar, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos da titular do dominio, dos seus proveedores ou de terceiros.
  3. Non utilizar os contidos e en particular a información obtida a través do sitio web para remitir publicidade, enviar mensaxes con fins de venda ou con calquera outra finalidade comercial, nin para recoller ou almacenar datos persoais de terceiros.
  4. Deberán absterse de eludir ou manipular calquera dispositivo técnico establecido, xa sexa no sitio web, en calquera dos servizos ou en calquera dos materiais, elementos ou información obtidos a través do mesmo, para a protección dos seus dereitos.
  5. Deberán absterse de suprimir os signos identificativos dos dereitos (de propiedade intelectual, industrial ou calquera outro) da titular do dominio ou dos terceiros que figuren no sitio web e en cada un dos diversos servizos ofrecidos a través del.
  6. Absteranse de realizar calquera actuación que puideran resultar nunha desviación de tráfico do sitio web.

Obxecto

A web ten o obxectivo de entretemento e formación.

No deseño e desenvolvemento destas interviñeron profesionais especialistas, así como un grupo de usuarios que participaron no período de proba.

A web ponse a disposición dos usuarios para o seu uso persoal e para poder incentivar os seus propios negocios.

O acceso supón que o usuario recoñece ter aceptado e consentido sen reservas das presentes condicións de uso.

Produtos e /ou servizos

A EMPRESA ofrece determinados servizos aos usuarios, sometidos a os termos e condicións indicados no presente sitio web, debendo o usuario ler con atención as condicións que se apliquen a cada servizo, que en ningún caso eximirán, salvo manifestación expresa no contrario, do cumprimento do expresado no Aviso Legal das Políticas de Privacidade.

As presentes condicións xerais aplícanse, sen restricción nin reserva algunha, aos servizos ofrecidos pola EMPRESA.

Estas condicións xerais de venda son accesibles en todo momento dende a páxina Web e prevalecerán sobre calquera outro documento co que se contradigan, sen prexuízo do que dispoña a lexislación vixente.

A validación do pedido polo cliente supón a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais de venda. En caso de ser modificadas estas condicións xerais de venda serán vinculantes para todos os servizos ofrecidos realizados con posterioridade á súa publicación no sitio Web.

Rexistro como cliente

Para realizar o pedido é necesario que o usuario, previamente ou no transcurso do pedido, se dea de alta como cliente, para o que será conducido a unha páxina para que cubra toda a información necesaria para abrir unha conta se se trata do primeiro servizo ou para que se identifique se xa é titular dunha conta.

A información necesaria para abrir unha conta é: nome, apelidos, enderezo de facturación, número de teléfono, dirección de e-mail, nome de usuario e contrasinal.

Prezos

Os prezos exprésanse en EUROS, impostos incluídos. Os prezos expostos poderán ser revisados e modificados se as condicións o requiren en calquera momento.

Formas de Pago aceptadas

a) Tarxeta de crédito ou débito: Poderá abonar o importe total da súa compra pagando mediante a súa tarxeta Visa, 4B ou MasterCard, utilizando a pasarela de pago. Para que o pago sexa aceptado polo sistema, é imprescindible ter habilitada na tarxeta de crédito a opción para realizar pagos online.

Contidos sobre os servizos

A EMPRESA realiza os máximos esforzos para evitar erros nos contidos que se publican no sitio web. Todos os contidos que se ofrecen a través do sitio web atópanse actualizados. A EMPRESA reserva a facultade de poder modificalos en calquera momento. A EMPRESA non se responsabiliza das consecuencias que se poidan derivar dos erros nos contidos proporcionados por terceiros que poidan aparecer neste sitio web.

Sobre outras aplicacións

As ligazóns de Facebook®, Instagram® y twitter® nesta aplicación poden mostrar contido que non están baixo o control da EMPRESA

Aínda que esta aplicación da EMPRESA trata de subministrar ligazóns só a sitios e aplicacións de terceiros que cumpran coas leis e regulacións aplicables e as normas da EMPRESA, o Usuario debe entender que A EMPRESA non ten control sobre a natureza e o contido deses sitios e non está recomendando estes sitios, a información que conteñen nin os produtos ou servizos de terceiros.

A EMPRESA non acepta responsabilidade polo contido do sitio dun terceiro co cal existe unha ligazón de hipervínculo e non ofrece garantía (explícita ou implícita) en canto ao contido da información nestes sitios, xa que non recomenda estes sitios.

O usuario debe verificar as seccións de termos e condicións, política legal e de privacidade de sitios externos da EMPRESA ou dun terceiro cos cales se enlaza.

A EMPRESA non asume ningunha responsabilidade por perda directa, indirecta ou consecuencial polo uso dun sitio dun terceiro.

Desistencia

De acordo co artigo 102 Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, o Cliente poderá exercer o seu DEREITO DE DESISTENCIA nun prazo de 14 días naturais dende a data de formalización dos servizos, sempre e cando o Cliente non tivera iniciado o servizo ofrecido, que o servizo ofrecido non tivera comezado e non se teñan as claves de acceso.

Para exercer o dereito de rescisión/desistencia, o Cliente está obrigado a notificar á empresa sobre a súa decisión de rescindir o servizo a través dunha declaración explícita.