fbpx

Hosting por .

formacion-online

5 vantaxes da formación online

A formación online é moito máis do que unha tendencia. É certo que durante o confinamento, e coas restricións de mobilidade, a demanda deste tipo de formación creceu exponencialmente. Con todo, tempo máis tarde, a tendencia mantense e continúa a ser a preferida. Por que? O ensino online permítenos achegarnos aos coñecementos que queremos conseguir cando e onde queiramos, sendo poucas as disciplinas que poidan escapar a seren ensinadas de forma remota.

Obviamente, cada xeito de ensinar e de aprender ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes. Non é a nosa intención desmerecer, nin moito menos, o ensino presencial, no cal podes aprender dun xeito máis personalizado ou crear vínculos co resto do alumnado. Mais, do mesmo xeito, cremos firmemente que non se debe desmerecer a formación online. Son, simplemente, xeitos distintos de aprender.

Aprende ao teu ritmo

Os nosos obradoiros online condensan nun tempo determinado, polo xeral non moi longo, unha materia moi concreta, á cal poderás acceder no momento en que queiras e tantas veces como sexa preciso. No tempo que dure o obradoiro recibirás moita información, teórica ou práctica, da materia específica que queiras aprender, sen perda de tempo ningunha e repartíndoa do xeito que mellor se adapte a ti.

Flexibilidade

Os obradoiros online de Na Utopía non pretenden que te formes en algo a longo prazo, senón que teñen outra función. No pouco tempo que temos normalmente no día a día, se cadra non podemos asistir a unhas aulas presenciais ou a unha aula virtual ao vivo, mais talvez poidamos dedicarlle un pouco do noso tempo a ver parte do obradoiro online que compramos días atrás. Ti serás quen decida como te organizar, ao teu ritmo, sen presión. Non terás que te preocupar por ‘perderes’ o tempo indo dun sitio para o outro, ou por non poderes asistir a algunha aula por motivos de compatibilidade horaria.

Descubre intereses novos

Nesta plataforma vas encontrar moita variedade de temáticas nos obradoiros. Pode ser que veñas para aprender unha cousa concreta e acabes por descubrir algo diferente que nunca pensaras que podías aprender. Quen sabe, se cadra é ese hobby para o cal nunca dabas sacado o tempo para asistir a unha clase presencial, ou se cadra é unha ferramenta concreta que che abre novas oportunidades na túa profesión, ou mesmo pode ser que descubras a túa paixón por algo que non sabías que ías adorar.

Aprenderás da xente que admiras

Quizais esa ilustradora que segues polo Instagram non viva preto de ti ou non faga obradoiros presenciais, mais aquí poderás coñecela un pouco máis e aprender do seu proceso de traballo… e de todo o que che teña que contar!

Aforrarás en gastos

Nós dámoslle o valor que ten ao traballo da persoa que dá o obradoiro, claro que si, mais ti pagarás só unha vez por un obradoiro que poderás ver as veces que o necesites, nun día ou ao longo de meses, sen pagares mensualidades nin cargos adicionais. Pagarás o obradoiro unha vez e poderás velo sempre que queiras!

Como ves, existen infinidade de vantaxes que pode fornecerche o ensino online. E, por riba, é totalmente compatible con outros xeitos de aprender.

Xa tes pensado o que queres aprender connosco?

Máis artigos

Por que en galego? Temos boas razóns!

Por que en galego? Por un lado poderiamos dicir que porque si, porque nos peta. É a lingua que empregamos desde sempre e no día a día, de maneira que non tería sentido para nós facelo doutro xeito.

Que é Na Utopía? Coñécenos máis!

Na Utopía é unha nova plataforma. A través dos nosos obradoiros online referentes a distintos ámbitos creativos, técnicos ou divulgativos, pretendemos, sinxelamente, aprender na nosa lingua.

Deixa un comentario